¿Vostede porque escribe?

Autor: Juan Tallón

Título: A pregunta perfecta
Lugar de edición: Santiago de Compostela
Ano de edicion:2010
Editorial: Gotelo Blanco

Toda historia comeza cando xorde unha obsesión por narrar unha historia, cando aínda non se
comeza a escribir pero o relato xa está afectando á túa vida. Vai madurando no interior do autor
durante meses, afectando a rutina diaria da vida do individuo. Non escribir representa unha parte
fundamental da obra de calquera autor.
Desto trata “A pregunta perfecta”, de Juan Tallón, do dilema paralelo que supón a forma de arrincar
un relato e cómo esto pode chegar a afectar ao escritor, que se ve tan inmerso de repente no seu
relato, que remata por engulir a súa rutina.
O escritor ten un problema coa súa vida interior. Non hai escritor se non hai determinados
conflictos internos que non se van solucionar nunca, aínda que esto é fundamental para o
desenvolvemento do relato. “Para escibir o que fai falta é coller lixo, logo botar gasolina, logo máis
lixo e darlle lume” afirmaba Philip Roth.
Desescribir, destrúir e volver a reconstruír é algo que vai sucendendo ao longo do proceso creador,
cando o individuo, ou incluso poderíamos dicir o propio Juan Tallón, vése superado pola situación,
os seus versos arremeten contra eles e sen ven cernidos dentro dun rueiro sen saída, onde os
motivos que levaron a perseguir esa historia se derrumban nun cúmulo de sensacións acinadas.
“ A literatura é unha cuestión de nervios. O verdadeiro oficio da literatura consiste en escribir de
tal maneira que os demais se poñan nerviosos; en provocar reaccións. Se non, un queda durmido”
Tallón lamentase durante todo o relato de certo alento tráxico da que carece esta “novela dunha
novela”, ou simplemente certo desalento, Defínese como escritor tráxico, suicida, atpándose
cómodo no home que acha problemas incompatibles con seguir vivo e quitase do medio.
Perségueno eses personaxes que levan a morte na sola dos zapatos, nos colos dsa camisas, na fronte.
En xeral pode dicirse que esta novela é un resultado da suma dun diario e un relato, que nos leva a
través dunha guía polos límites dos xéneros, as formas de narración, o propio significado de
novela… todo aliñado cuns toques de historias de coñecemento persoal e de historia literaria a través
do pesimismo, desasosego e baixo autoestima. Juan Tallón consegue, amosar o lado máis
complicado da literatura, pretende demostrar que o complicado dunha novela non é o escribir, senon
seguir escribindo.
“Por que escribo? Eu que sei. Por que se mergullan os fondos mariños? Eu só sei que un día, nin
sequera lembro cal, nin en que ano aproximado ocorreu, caín no abismo. E aquí estou, no abismo,
talvez loitando por escapar. Quizais a literatura é a escaleira para fuxir do abismo. Quere isto
decir que seguramente escribo para fuxir? Seguramente non. Pero inventei que si.”

Nazaret Pérez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s