A procura da tan ansiada paz

 AUTOR: Tomás Alcoverro, Pilar Rahola.
 TÍTULO: Atrapados en la discordia. Conversaciones sobre el conflicto  Israel-Palestina
 LUGAR DE EDICIÓN: Barcelona.
ANO DE EDICIÓN: 2009
EDITORIAL: Destino

A lectura deste libro supón unha achega ao conflito en Oriente Medio que segue a cobrarse miles de víctimas cada ano. Israel e Palestina.

Tomás Alcoverro e Pilar Rahola son dous xornalistas con moitos datos e moitos anos estudando o que está a acontecer nese territorio. As súas reflexións aportan outro punto de vista, desvinculadas da liña editorial e do sesgo dos medios de comunicación occidentais. Sen dúbida, a que máis me chamou a antención foi a de Pilar Rahola. Ela amósase defensora do Estado Israelí, mais sen criticar a Palestina. O seu punto de vista radica no feito de que Israel non é o máximo inimigo de Palestina, senón que se trata do seu máximo aliado na procura dun proceso de paz. Os palestinos son meros títeres en mans de países como Siria ou Irán, que invirten millóns de dólares do seu presuposto en terrorismo islámico e en exércitos que non queren a paz. Rahola está convencida de que son os países islámicos os menos interesados na creación dun Estado Palestino. Ela tamén rompe unha lanza a favor de Israel, o que non significa que esté completamente dacordo con todas as súas decisións. Defende que o pobo israelí foi o único que quixo ser exterminado ao longo da súa historia e o único democrático nesa zona. De feito afirma que no pasado houbo varios momentos de crear un estado palestino, pero que os países árabes da ONU boicotearon esa posibilidade, así como os líderes palestinos, que lles interesa máis o victimismo que un verdadeiro proceso de negociacións con Israel. Unha negociación require de cesións de ambas partes, algo que os países árabes non están dispostos a aceptar. Nas guerras levadas a cabo entre xudeus e árabes, foi Israel o país que devolveu territorios que conquistara para buscar a paz. O seu líder Sharon devolveu un Sinaí estratéxico, con petróleo e infraestruturas. O lema do goberno israelí era “paz por territorios”. Segundo Rahola, a solución radica no recoñecemento de ambos estados e os países árabes loitan pola destrución total de Israel. Pilar Rahola resume o seu punto de vista sobre o conflito no seguinte:

  1. Irán é o principal problema e quere a desaparición de Israel.
  2. Siria ten un papel estratéxico no armamento de Hezbolá e financia grupos terroristas fora do seu territorio.
  3. O conflito nace dos intereses árabes.
  4. As guerras contra Israel (coma a do Yom Kippur) non son por defensa senón polos seus propios intereses.
  5. Palestinos e israelíes están a ser utilizados polo integrismo islámico. É esencial que comecen a negociar solos, porque ambos están dispostos a compartir territorios se iso supón a paz definitiva.

 Tomás Alcoverro amósase defensor dos  palestinos e acusa a Israel de ter toda a culpa no conflito. Para os palestinos, loitar por eses enclaves (que lle corresponden lexitimamente) é unha cuestión de vida ou morte, pero para Israel non, que xa goza de estado de seu. Alcoverro está convencido de que o problema se agudiza coa creación, en 1948, do estado israelí que rompe coa situación e obriga ao éxodo palestino. Un éxodo que se incrementa por mor de que Israel vai ocupando cada vez máis territorio palestino.  Segundo este xornalista afincado en Beirut, a agrupación árabe Hammás gañou as eleccións presidenciais porque Al Fattah non se renovara politicamente e perdera adeptos en Palestina. En Gaza obtivera moito apoio posto que se trata dunha sociedade rural moi anclada á cuestión relixiosa, un concepto defendido por esta agrupación. Alcoverro defende a lexitimidade de Hammás e Rahola mantense na súa idea de que se trata dun grupo terrorista máis que bebe dos irmáns musulmáns exipcios, base de Al-Qaeda. Tomás Alcoverro defende que non existe relación algunha entre os irmáns musulmáns e Hammás e que o verdadeiro problema radica na ocupación de Israel. Problema que se solventará cando este de retire da zona. Tamén critica o muro que mandou construir Israel e que os separa dos palestinos dos distintos enclaves (Gaza, Cisjordania…) afirmando que se trata dunha forma encuberta de apartheid. Cando Rahola argumentaba que Israel cedera territorios e Palestina nunca dera nada, Alcoverro remitíase aos acordos de Oslo e Camp David para amosarlle á súa compañeira que se lle dera todo a Israel a nada a Palestina. Camp David II fracasou polo asunto cos refuxiados e porque Jerusalén (cidade tres veces santa, para xudeus, cristiáns e musulmáns) debería partirse entre Palestina e Israel, algo que este último non está disposto a consentir.

Como se pode observar, os puntos de vista de ambos son totalmente opostos, aínda que coinciden en distintos puntos:

  1. O estado palestino é moi difícil de lograr, non porque as negociacións sexan imposibles, senón porque o territorio palestino está moi fragmentado.
  2. A internacionalización do conflito é máis perxudicial que beneficiosa, xa que os intereses económicos e políticos na zona desvían os asuntos realmente importantes.

O que queda claro logo de ler o libro é que ambos pobos teñen razón e ambos están equivocados no mesmo nivel. O maniqueísmo que se amosa ao resto do mundo fai que moitas persoas alaben a unha parte e demonicen a outra. O conflito sería historia se se basease na convivencia entre culturas e non na destrución das mesmas, aínda que a existencia de tantos intereses alleos a israelíes e palestinos, así como a violencia indiscriminada por ambas partes, fan que a situación se volva cada vez máis insostible. O pobo debería ser soberano e o que está claro é que ambos pobos queren a paz, para vivir sen medo, con tranquilidade, liberdade e confraternidade. Como dicía Mahatma Gandhi: “Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”.

Pilar Rahola fala do conflito Israel-Palestina

Lara Salgado Santos

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s