As mentes da miña xeración

 Título: The Beats

Autores: Harvey Pekar/ Ed Piskor

Ano: 2011

Editorial: 451 editores

 Título: En el camino

Autor: Jack Kerouac

Ano: 1951

Editorial: Anagrama

“I saw the best minds of my generation destroyed by madness, starving hysterical naked”

Norteamérica, anos 50/60. Escenario principal de tensión entre forzas opostas: poder das élites versus poder da cidadanía. É a época na que o contrario ponse de moda: contra a represión, contra a censura, contra o Estado, contra a cultura oficial e elitista, contra o capitalismo.

Neste contexto nace a contracultura, como rexeitamento aos valores estadounidenses clásicos e á política do status quo. Influidos polas drogas, a liberdade sexual e a filosofía oriental, Allen Ginsberg, Jack Kerouac, Neal Cassady e William Borroughs serán os protagonistas dunha das principais correntes culturais: a Xeración Beat.

On the road asumirá o papel de manifesto universal e representará a máis extrema manifestación da conciencia. Liberación. Liberdade sexual. Tolerancia, antifascismo e psicodelia. Liberdade, en definitiva. Descripción de viaxes plagadas de velocidade e imaxes superpostas; novas formas de expresión a través da inxerencia de substancias alucinantes. E cultura, ante todo. Un bagaxe cultural que quedou patente en todos os seus escritos.

Actitude poética antiintelectual e antixerárquica. Os beats contemplaron o mundo dunha maneira diferente a partir das súas lecturas de textos pertencentes á tradición do budismo Zen, da súa crenza en que a interacción de distintas concepcións relixiosas conformaría unha nova conciencia espiritual.

Nembargantes, non foron unha xeración heroica. As súas vidas estiveron plagadas de conductas erráticas. Cun realismo esaxerado, The Beats cóntanos a historia das vidas de Kerouac, Ginsberg e Borroughs tal e como foi. Sen ornamentos. Speed, alcohol e pedofilia.

“This is the Beat Generation”, New York Times Magazine. 16 de novembro de 1952, por John Clellon Holmes: http://www.rooknet.net/beatpage/writers/holmes.html

Demando que la raza humana
cese de multiplicar la especie
saluden con una reverencia, se retiren.
Ese es mi consejo.
Y como castigo o recompensa
por realizar esta petición
renaceré el último de los humanos
oraré, lloraré, comeré, cocinaré…
Y una mañana ya no me levantaré de mi estera.

Jack Kerouac

 

Esta é a Xeración Beat, as mentes da xeración de Ginsberg.

 

“Súbitamente comprendí que todas las cosas sólo van y vienen incluido cualquier sentimiento de tristeza: también se irá: triste hoy alegre mañana: sobrio hoy borracho mañana ¿Por qué inquietarse tanto?”, Kerouac

 

Andrea Valencia Bermúdez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s