CANDO SE FALA DE GLOBALIZACIÓN

Título: La cara oculta de la prosperidad

Autor: Joaquín Estefanía

Editorial: Taurus

Ano: 2003

Cando se fala de globalización, seguramente sexa moi doado facelo tamén de progreso, evolución, prosperidade, ou, incluso, desenvolvemento. Estas son só as primeiras consecuencias dun mundo que cada vez acurta máis as distancias, desdebuxa barreiras e permite que australianos, coreanos, norteamericanos, alemáns ou mesmo somalianos poidan cruzar medio planeta terra a través dun click. Ou tal vez non? Todo aquel que nalgún momento defendeu ou apostou pola globalización e os seus beneficios, debería de ter en conta que cada paso adiante que dá a sociedade ten a súa contrapartida: máis desigualdades.

Neste libro, Joaquín Estefanía saca á luz os efectos secundarios dun período de grandes avances económicos, dixitais, educativos, laborais e de xénero pero de retrocesos sociais. A caída do Estado do Benestar é un risco que se corre cando aceptamos a ditadura dun pensamento único, que rexeita doutrinas sociais e políticas distintas das “globalizadoras”.

Os ricos máis ricos e os pobres cada vez máis pobres. A economía converteuse nas mans encargadas de mover os fíos da marioneta que é a sociedade. A economía non é unha ciencia unívoca, a economía toma hoxe as decisións; consecuentemente, e cada vez máis, percíbense disparidades maiores entre as clases sociais. Así  é como descubrimos a cara oculta da prosperidade.

                                                 Emma Fernández Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s