Club Cultures

Autora: Sarah Thornton

Título: Club Cultures. Music, media and subcultural capital

Lugar e ano de edición: Cambridge, 1997

Editorial:  Polity Press

 

Culb cultures: music, media and subcultural capital céntrase nas culturas xuvenís establecidas arredor dos clubs de música dance e as raves en Gran Bretaña e os Estados Unidos. Sarah Thornton salienta os valores de autenticidade e explora as complexas xerarquías que emerxen do dominio da cultura popular. Fai un retrato destas culturas e de cómo os micro medios coma os flyers, fanzines e listings, transformados polos medios de masas nun estilo determinado de música ou moda, e ás veces renomeados como movementos coa axuda destes medios de masas coma as páxinas principais dos tabloides. Ela tamén traza cambios no propio medio desde unha forma de entretemento marxinal nos anos 50 ata os clubs e raves dos 90. A través do traballo de Pierre Bourdieu, Thornton acuña o termo de “capital subcultural” para facer a distinción coa a xuventude “cool”, que forma parte da corrente mainstream contra a que constrúen a súa alternativa cultural.

O elemento máis salientable de tódolos que se tratan no libre é o papel dos fanzines no desenvolvemento das subculturas. Os fanzines son publicacións non profesionais producidas por seguidores dun fenómeno cultural particular (como pode ser literario ou musical) dirixido sobre todo a aqueles que comparten os mesmo intereses.  A súa vantaxe indiscutible é contar con especialistas na súa materia, publicando de forma libre e directa sen ataduras nin intereses con terceiros, a diferenza dos medios de comunicación de masas máis tradicionais. A esta ausencia de condicionantes editoriais hai que engadir a posibilidade de que os autores se dean a coñecer a un público afeccionado máis ou menos amplo e a alguén que nun momento dado poda darlle esa oportunidade laboral tan esperada. Pero, por outra banda, a falta de compensación monetaria fai que non teñan unha longa duración. Pero a pesar disto, cobren un oco informativo e divulgativo para aquelas culturas ou subculturas que non teñen voz nos medios de masas. Como sinala Thornton, tamén empregan a xerga local, unha narrativa e linguaxe propios determinados polo público ó que van dirixidos. Os fanzines teñen un papel importante non só nas culturas de club, senón tamén en todo o referido á cultura underground, en oposición ós medios de comunicación de masas máis tradicionais.

No libro sinálase que no momento en que as subculturas toman conciencia propia como grupo diferenciado comeza o proceso para converterse en movementos, termo cos que son acuñadas polos medios de masas. As subculturas fan referencia á idea de auténtica cultura, fóra dos medios e o comercio nun mundo corporativo colonizado polos medios de comunicación de masas, das que as subculturas son produto en certo modo por nacer como oposición ó mainstream.

Thornton diferenza entre os micro-medios locais, coma flyings e listings e os medios de comunicación de masas nacionais, que falan do desenvolvemento dos movementos xuvenís dunha forma deformada e distorsionada, outro motivo polo que os fanzines se converten no principal provedor de información dos membros da subcultura. Destaca tamén o papel central dos medios de comunicación para o proceso de formación das subculturas, como xa se dixo anteriormente. Os fanzines son entón o medio de comunicación do underground, que é sempre un termo relativo, xa que depende dunha determinada posición nun contexto e tempo determinados. Pero os medios do underground adoitan ser absorbidos polos medios de masas.

En resumo, Sarah Thornton fai unha análise dos movementos subculturais, resaltando o papel fundamental que xogan os medios nestes fenómenos sociais, establecéndose unha dualidade entre medios subculturais e de masas, rematando os primeiros por ser absorbidos polos grandes medios.

 

 

Uxía Bereijo Piñón

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s