Escapados pola guerra

Autor: Carlos González Reigosa

Título do libro: Fuxidos de sona

Ano de publicación: 1ªpublicación 1989, segunda publicación 1990

Editorial: Edicions Xerais de Galicia

 

O libro de Carlos Gonzalez Reigosa contanos a historia daqueles homes que se tiveron que botar ó monte no tempo da guerra, e algún deles botou moito tempo.

Para resumir podemos centrarnos nun capítulo foucellas, un home para a lenda, que a min foi o que máis me gustou. Trata de un home , Benigno Andrade que era máis coñecido polo nome do seu pobo, Foucellas. Este home ten unha longa historia, e andaba de boca en boca por ser o fuxido máis coñecido en Galicia. De ideoloxía comunista víuse obrigado a botarse o monte no momento en que estourou a guerra civil. Andivo de vagar polos montes galegos, con un olfato especial para non ser cazado polos gardas. Máis tarde agrupouse e estivo relacionado con partidos políticos como o PCE. Un día foucellas e os seus vironse rodeados polos gardas, entón Benigno botou a correr decindo que Foucellas escapaba pola dirección que el sinalaba. Tan só dous lograran sair dese rodeo dos gardas. Durante uns anos Foucellas mantivose á marxe e a sua acividade era bastante reducida. Mala sorte tivo cando un día saia da sua cova para afeitarse no rio. Ao saír da cova atopouse cos gardas e botou a correr por un prado abaixo pero sen darse conta que se estaba metendo nun lameiro no que quedou atrapado para os gardas.

O libro trata sucesos deste tipo, fuxidos de zona galegos que ante a presión se tiñan que esconder.

No tocante ao estilo, Raigosa utiliza un estilo bastante directo que pode ser claramente exposto nun xornal. Secadra a influencia de ser xornalista ten esta incidencia no modo de contar as vivencias dos fuxidos. Conta os relatos de forma cronolóxica polo que a conprensionainda resulta máis doada.

Gutier Salgado

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s