España, 4 nacionalidades

Autor: Suso de Toro

Título do libro: Españois todos

Ano de publicación: 1ª edicción xaneiro 2004, segunda edicción maio 2004

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

 

O libro Españois todos de Suso de Toro ten un marcado carácter nacionalista. Na portada faise unha división de cada nacionalidade, a catalana, galega e vasca, e tamén a española. Cada nacionalidade identificase con un pau da baralla, esto pode ter o seu significado pero eu non lle atopo o a identificación de cada pau con unha nacionalidade.

A esencia do libro é cuestionar os temas políticos da actualidade. Suso de Toro mostra unha opinión persoal polo que se xustifica a crónica. Fai argumentacións para defender a democracia, contra os que non a queren. O autor está convencido de que Galica, e tamén Euskadi e Cataluña necesitan ser unha nación para saír do atraso ou aumentar o seu progreso.

O cuestionarse a sua nacionalidade vese moi ben en argumentos do libro como: “ Entre outras moitas cousas, entre outras querencias, teimas, afectos, identidades, son un europeo que é galego, e tamén español; pero todo isto ao meu xeito, sempre ao meu xeito”

É o libro dos cinco que lin o que me parece que podería sermellor encasillado dentro dun xornal. Cada un destes relatos podería ser unha columna de opinión. O estilo e sinxelo e directo.

Gutier Salgado

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s