Radiografía dunha esquecida

Autor: Sofía Casanova

Título El doctor Wolski

Año de edición: 2008

Editorial: Akron

Estamos no centro da cidade herculina, cando o Obelisco dos Cantóns marca as doce do mediodía. Temos unha misión, facer unha sondaxe. Non imos roubarlle o tempo á xente, tan só temos unha pregunta ¿quen é Sofía Casanova?

Non se trata de obter porcentaxes, non é un estudo estatístico. Neste punto de efervescencia social da cidade da Coruña,  escollemos unha persoa ao chou e lanzamos a nosa pregunta. Así unha e outra vez, ata ter máis de 30 respostas. De todas as persoas que responderon ninguén sabía a ciencia certa quen era Sofía Casanova, as respostas máis comúns foron: unha actriz, unha presentadora da TVG, unha cantante, unha política, etc.

Con esta sondaxe comprobamos que Sofía Casanova é unha persoa olvidada no tempo. Sofía Casanova foi a primeira reporteira de guerra española e membro de honra da Real Academia Galega, ademáis de escritora.

Tras acceder, dende moi  moza, as altas esferas culturais do momento en Madrid. Coñeceu ao que sería o seu futuro marido,  o polaco Lutoslawski. O casamento co diplomático polaco marcou a Sofía. Por unha banda, Casanova comezou a viaxar por Europa, o que lle permitiu empaparse das correntes literarias dos diferentes territorios. Pero o matrimonio con Lutoslawski, tamén a determinou de xeito ideolóxico. Sofía recolle a ideoloxía excéntrica do seu marido na obra “El doctor Wolsky”. Un ideario marcado pola euxenésia, para Lutoslawski a súa descendencia era de vital importancia, xa que aspiraba a ser o pai do libertador de Polonia. Esta situación inspirou a Sofía a escribir a  “El Doctor Wolsky”, considerada como un estudo minucioso do seu marido, que queda debuxado con todo detalle no doutor protagonista da obra.

Unha obra que reflexa non só ao marido de Sofía, senón que reflicte a súa propia vida. Unha vida sempre marcada pola ideoloxía do seu marido, na que terán orixe numerosas desgracias da vida de Sofía. Sofía tivo tres fillas para disgusto do seu marido que, como mencionamos antes, tiña no seu pensamento ser o pai do home que devolvería a liberdade a súa amada Polonia.

Rubén Comesaña

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s