Relato de un náufrago

Obra: Relato de un naufrago.

Autor: Gabriel García Márquez.

Editorial: Tusquets Editores

Lugar de edición:Barcelona

Ano da edición: 45ª edición. 2002

 

‘’Desesperadamente, mordí el cinturón hasta cuando me dolieron los dientes. No pude arrancar ni un bocado. En ese momento debí parecer una fiera, tratando de arrancar con los dientes pedazos de zapatos, del cinturón y la camisa. Ya al anochecer, me quité la ropa, completamente empapada.’’

Gabriel García Márquez é un dos referentes máis importantes tanto no eido xornalístico como no literario. A súa obra completa amósanos o interese comunicativo do autor e en obras como Relato de un naufrago, observamos un estilo que podíamos establecer entre dous puntos: información xornalística e a novela.

A obra é unha transcrición da historia que lle conta o protagonista a Márquez, quen traballaba como xornalista  en El Espectador, xornal colombiano con gran peso dentro da sociedade.

No conxunto de relatos xornalísticos relatase a historia de Luís Alejandro Velasco, tripulante do A.R.C. “Caldas” , que naufraga no mar caribe. Luís e oito membros mais son a tripulación dun destrutor que por unha tormenta caen a auga. Alejandro Velasco é o único que sobrevive e, despois de estar dez días a deriva nunha balsa acaba por chegar a unha parte da costa colombiana. Unha vez alí é convertido nun heroe nacional, e faise rico pola publicidade. Comezaron a publicarse multitude de relatos falsos da historia do naufrago, omitindo a historia do contrabando, e exculpando ao goberno colombiano do incidente do barco. Trala publicación do relato verídico en ‘’El espectador’’ as autoridades obrigar a garcia Márquez  a exiliarse, e Luís Alejandro perde a súa carreira na mariña e toda a fama que toda a historia lle proporcionara.

É moi importante salientar o estilo descritivo que se amosa na obra. O autor describe os acontecementos que lle están a acontecer a Luís Alejandro Velasco do xeito máis real posible. Tamén a forma narrativa que ten o libro , axuda a ter unha visión global, e a vez minuciosa de esta aventura, que apunto estivo de quitarlle ao naufrago.

Márquez e quen de mostrar moi nitidamente os sentimentos do protagonista, que en moitas ocasións vese dominado por unha dobre sensación de alegría e desesperación. Porén, O protagonista amosa constantemente as súas ganas de vivir.

 

“…No sé cuánto tiempo estuve así, acostado de cara al cielo, con la garganta dolorida y los extremos de los dedos palpitándome profundamente, en carne viva. Sólo sé que tenía dos preocupaciones al mismo tiempo: que me descasaran los pulmones y que no se volviera a voltear la balsa…’’

 

Como conclusión compre salientar o punto central da obra. O afán de supervivencia, a superación personal e o instinto. Tamén podemos concluir que a obra amosa perfectamente unha combinación de sentimentos que fan que obra posúa un carácter moi real e persoal e, en moitas ocasións, o autor consigue que o lector se meta de cheo na historia e vendo a historia como unha vivencia propia.

Saúl Campos

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s