Un mestre esquecido

  •  Autor: Manuel Igrexas
  •  Título: Xesús Golmar
  •  Editorial: Edicións Fervenza
  •  Ano e lugar de edición: 2005, A Estrada

A biografía de Xesús Golmar escrita por Manuel Igrexas achéganos a figura deste mestre nado no lugar de Santiso.

Con este comentario pretendemos difundir a figura de Golmar. Golmar dedicou a súa vida ao mundo do maxisterio e a loitar pola liberdade. Participou en varios diarios publicando numerosos artigos sobre a ensinanza. Este defende unha escola laica e libre, promovendo a ensinanza mixta. Apunta que o mellor que se pode dar nas escolas é unha formación básica e lecións de agricultura (novos tipos de abonos, de ténicas, de cultivos) coa finalidade de formar mellor aos futruros agricultores. As súas diferentes publicacións están repartidas por diferentes xornais como El Pueblo Gallego, La Nueva España, Faro Villalbés, Escuela Vivida, A Nosa Terra.

Ademais, Golmar estivo vencellado ao Partido Galeguista e chegou a ser alcalde do concello de Lalín no 1936. Ano no que é capturado e é levado á prisión de San Simón e no 1938 é levado  á  Prisión General de Pamplona. Permanece na cadea ata o 1940 que se aproba 1940 a Lei de prescrición de delitos para aquelas penas inferiores. Golmar recibe o amparo desta lei e é posto en liberdade vixiada. Volvendo a Lalín no 1941.  Pero  o estigma e a marxinación pesan sobre el. Como consecuencia do seu pensamento impédiselle voltar á escola e empeza a traballar de labrego.

Tempo máis tarde, reclama unha revisión para poder volver á escola pero élle denegada. Anos máis tarde volve a pedir a mesma revisión e é concedida. Non obstante el falece uns meses antes de que lle chegue a carta na que aceptan a súa petición de voltar á escola.

A figura de Golmar estivo esquecida durante varias décadas, o seu labor como pedagogo e incluso, como xornalista mantívose silenciada por mor da súa manifestación ideolóxica. Pola contra, os seus veciños e a súa familia recórdano como unha persoa pacífica, defensora da educación, da liberdade e do importante papel educativo que desenvolve a muller.

Grazas á investigación de Manuel Igrexas volveuse rescatar ao mestre Golmar. Como dixo Igrexas “A memoria colectiva só se pode manter se hai unha institución, algo que garde ese nome” por iso, coa asignación ao colexio, antes chamado Comarcal, co nome de Xesús Golmar, como di a súa filla Rosario: “o mestre volveu á escola”

Cristina Mosteiro Reboredo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s