Unha historia sen puntos

  • Autor:  Miguel Delibes
  • Título: Los Santos Inocentes
  • Editorial: Planeta
  • Ano e lugar de edición: 1990, Barcelona.

Nesta obra Delibes sitúanos na España rural do interior, Estremadura. Mediante a súa redacción ausente de puntos retrátanos a figura de Azarías e a filla enferma da Régula. Azarías, un home un tanto especial, traballa para o señorito da vila, sendo despois despedido por el. Volve así, a vivir coa súa irmá, ocupándose de coidar a un paxariño, unha especie de corvo. Ponlle nome, “ a miña milana bonita” e aliméntao con moito mimo. Transcorrido un tempo, o señorito Iván reclama a súa axuda para ir de caza e este mata á ave de Azarías. Tanta dor e humillación lle provoca a acción do xefe que o ancián decide matalo.

Estes dous personaxes, en especial o do Azarías son nos que se centra a novela. Delibes, como ben sabemos, preocúpase de retratar ás persoas máis sensibles da sociedade e que corren o risco de ser marxinadas. Tanto ao home coma á filla de súa irmá non se lles entende, ao padecer un certo retraso mental, sendo brancos da mofa. A nena de Régula, Charito “a nena chica”, é moi dependente da súa familia, non podendo desenvolverse por si mesma, reclamando a súa atención con berros escalofriantes e temerosos.

Os principais temas da novela son: a denuncia desas persoas que necesitan unha maior atención, a opresión e humillación por parte dos señores á familia de Régula e a concepción que teñen os propios servos de si mesmos, definíndose como case non seres humanos.

Exemplos destes temas son a cantidade de traballos que se lles manda aos diferentes membros da familia ou as imposicións do señorito ao home de Régula para que o acompañe de caza, aínda tendo un grave problema de pernas. Outra mostra de humillación é a proposta que lle fai o señorito á sobriña de Azarías, insinuándolle que lle gustaría ter algo con ela.

En conclusión, o autor a través desta novela denuncia a existencia miserable das clases máis baixas da sociedade. Persoas condenadas a obedecer día a día, cunha única esperanza, que os seus fillos poidan estudar para saír adiante. As figuras de Azarías e de Rosario son moi importantes no escrito, pois mediante a descrición dos seus feitos e sentimentos, permítesenos entender un pouco máis a situación que viven eles e os seus. Ademais, a natureza recorre todo o relato, presente na paisaxe e a relación de Azarías co mundo das aves.

M. Cristina Mosteiro Reboredo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s