A ilustración, esencial ferramenta comunicativa

 ImageAutor: Art Spiegelman

Título: Maus: Relato de un superviviente

Lugar e ano de edición: Barcelona, 2007

Editorial: Reservoir Books, Mondadori

 

Art Spiegelman narra na súa obra Maus: Relato dun supervivente a historia de seu pai, o xudeu polaco Vladek Spiegelman. A obra foi publicada por entregas na revista Raw, unha das principais difusoras do chamado cómic alternativo, e conseguiu ser a primeira novela gráfica gañadora do premio Pulitzer. Un dos motivos máis destacados para que esta obra fose premiada en múltiples ocasións foi a utilización de técnicas narrativas que revolucionaron os recursos tradicionais do seu xénero. O punto de vista xornalístico cobra grande importancia, xa que Spiegelman constrúe a historia a partir da utilización de métodos propios deste.

Image

En Maus, o autor realiza unha efectiva metáfora para explicar como se viviron aqueles anos en Polonia. Esta consiste na caracterización dos personaxes humanos con formas animais: os xudeus son ratos, os nazis son gatos, os polacos son porcos… Pouco a pouco o lector adéntrase nun mundo cheo de fortes paixóns. Amor, guerra, traizón e odio mestúranse nunha obra na que a personalidade dos personaxes está tratada de xeito minucioso.

Ademais do narrado por seu pai, fonte principal, o autor conta co testemuño doutras moitas persoas que sobreviviron ao horror do exterminio nazi. Un dos capítulos que causa maior impacto é o que trata o tema dos campos de concentración con imaxes de grande poder descritivo. O autor afonda no dano psicolóxico producido a aqueles que, coma seu pai, conseguiron saír con vida de lugares como Auswitch-Birkenau.

Image

Maus amosa, en definitiva, a utilidade e efectividade da banda deseñadada á hora de narrar acontecementos de transcendencia histórica. A capacidade comunicativa e expresiva desta obra é enorme, polo que Art Spiegelman acabaría causando unha grande influencia en moitos historietistas posteriores.

 

David Fontán Bestilleiro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s