Libro de Estilo

  • Os traballos non poden ter unha extensión maior de dúas páxinas escritas a ordenador.
  • Soamente en casos excepcionais nos que o considere imprescindible para o seu traballo , o alumno poderá ocupar unha extensión maior, sempre que xustifique esta necesidade.
  • Poderase elaborar un texto que pertenza a calquera dos seguintes xéneros informativos: crítica, reseña, comentario, reportaxe, entrevista ou aquelas alternativas nas que se atope cómodo o alumno. Este poderá realizar, si así o desexa, unha fotoreportaxe relacionada coa obra.
  • Os arquivos presentados poderán incluir fotografías e videos para complementar o contido do texto.
  • Tamén poderán recurrir ao emprego de hipervínculos que dirixan ao lector a outra páxina web que complete a idea do texto. É moi importante aproveitar a multimedialidade e interactividade que temos cun soporte virtual.
  • Realizarase un traballo mensual de cada libro, que será entregado antes de que finalice o mes correspondente, tendo como límite o derradeiro día do do mesmo.
  • Tamén é posible entregar dous traballos nun mesmo mes se o alumno decidiu ler dous libros nese tempo.
  • Cada alumno é responsable do envío do seu propio material ao correo electrónico do grupo de coordinación do blog.
  • Será imprescindible que o alumno elabore unha reseña bibliográfica na que conste: autor, título, lugar de edición, ano de edición e editorial. Acompañando dita reseña cunha fotografía da portada do libro en cuestión.
  • Todos os comentarios que conteñan un contido ofensivo ou inadecuado, serán retirados do blog, así como aqueles que non manteñan relación coa finalidade desta páxina.
  • Quedan protexidos baixo licencia tódolos textos e demáis arquivos publicado Na illa de Vitabu, polo que non está permitido o plaxio nin o emprego dos mesmos con fins lucrativos por parte de segundas persoas.
  • Os traballos serán correxidos polo docente, Xosé Antonio Neira Cruz, directamente neste espazo.
  • No caso de que o alumnado teña algún tipo de problema ou pregunta en relación co blog, poderá dirixirse ás seguintes persoas: Arantxa Álvarez, María Bragado, Jorge Bravo, Claudia Cid, Rubén Comesaña, Alba Deus e Óscar Martínez. Por outra banda, se a dúbida está relacionada coa realización do traballo, deberá consultala co docente.
  • As entradas levarán etiquetas identificativas (tags) para facilitar e axilizar o proceso de búsqueda do traballo dentro do blog. Exemplo: Grijelmo. Estilo. Xornalismo.
  • O alumnado deberá enviar os traballos realizados á seguinte dirección de correo electrónico: nailladevitabu@gmail.com

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s